miércoles, 8 de diciembre de 2010

cartaces e texto da exposición Serie Balbordo


Cartaz da exposición realizada na Casa das Crechas en marzo do 2010. Compostela.



  

Cartaz da exposición realizada no Café de María en febreiro do 2010. Compostela. 





SERIE BALBORDO


Desde os balcóns vense fiestras fechadas. O balbordo xoga con elas, simula ficar fora.
Hai espazo dabondo para o movemento exterior deslizarse paseniño. O mundo, silandeiro, destílase devagar polo funil da porta.
Balcóns abertos e cabeza acesa.
Os segredos só poden dicirse a voces e as voces só calan no escándalo da imaxe. No silencio da porta pechada, o desorde baixo control, sempre baixo control, procura un burato entre as mans polo que fuxir ao lenzo…
c_c



Texto do dúo c_c para a exposición Serie Balbordo

cartaces e textos das exposicións da Serie "Campos Lineais"





Cartaz da exposición "Dúas propostas pictóricas: Maribel dos Anjos e Nolo Suárez". Sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre. Polígono do Tambre. Santiago de Compostela.








Cartaz e texto realizado polo dúo c_c que presenta e define o traballo da exposición "Campos Lineais" que se expón no mes de decembro, na sala de exposición da Asociación Alexandre Bóveda da Coruña.



CAMPOS LINEAIS 

Relato e poema. Cores en liña esvaran e crúzanse. Atravésanse en apertas de conciliación e loita nun bulebule emotivo. Nada é neutro.
A liña multiplícase, fortalécese ata perderse e atoparse nunha rede escorregadiza de declarada vontade non monocroma.
Porque o sentir é variado e cambiante. Porque o relato pode ser un e trocarse en centos. Porque ambos precisan dese escenario;  para narrar, para narrarse e vivirse.
Sobre este campo de visión confórmanse o trazo e o xesto. E rachan, e repousan. Avanzan á par, da brusquidade ao tempo lixeiro, na procura dun diálogo que é, en si propio, un acontecer. 
c_c